Amplíase ata o domingo o prazo para inscribirse na SECAL 2023

A SECAL, Semana de Exaltación da Cultura e a arte de Lugo, terá lugar este ano entre os días 9 e 18 de xuño.

A ampliación do prazo para inscribirse que remataba onte 31 de maio, débese a que o recente proceso electoral focalizou a atención e preténdese así dar oportunidade de participar a aqueles artistas que aínda non se inscribiron. Ata o momento hai xa anotados 15 participantes.

A Semana orixinouse en 1995, a iniciativa de Lugo Monumental, e recuperouse o ano pasado para axudar a promocionar aos creadores locais. Os locais participantes do centro histórico cederán espazos de forma gratuíta para que os artistas locais poidan expoñer as súas obras durante eses días, buscando unha colaboración entre todos para promocionar aos creadores de Lugo.

Todos os posibles actores serán convidados a participar nunha acción conxunta que redundará nun obvio beneficio conxunto. Evidentemente esta iniciativa pode ser tan ampla como se desexe. En principio terían cabida as seguintes categorías, que no desenvolvemento da idea poderían irse ampliando se se considera conveniente: Pintura, Escultura, Xoiería, Artesanía, Arquitectura, Música, Danza, Teatro, Cinema, Literatura, Fotografía…

Este ano a Semana dedicarase á figura de José Vázquez Cereijo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com