A Plataforma de Veciños do Centro, esixe que ao concello que, “depoña a actual actitude de menosprezo aos veciños”

A Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo ven de recibir resposta do equipo de goberno do Concello, logo que a Plataforma propuxera unha serie de melloras a respecto dos proxectos de peonalización do Centro. Unha vez reunidos os veciños e valorada dita resposta, estes “lamentan profundamente que o Concello se manteña na mesma actitude desde o inicio destes procesos de peonalización, en que non se tivo en conta nin a opinión nin as necesidades reais dos veciños”. A Plataforma presentoulle unhas propostas “moi estudadas polo seu equipo de técnicos, garantindo a viabilidade en canto a prazos e economía de todas elas e sendo mínimas por non ter a necesaria oportunidade de intervención desde o inicio destes proxectos”.

A resposta, por parte do concello ás mesmas, despois de case dúas semanas de espera, redúcese aos ambiguos termos de “aceptar valorar” ou “estudar adaptar” o cambio dalgunhas árbores ou bancos por outros máis adecuados, “rexeitando ou non valorando o resto de propostas de mellora, especialmente sobre o mantemento das zonas axardinadas actuais e a súa ampliación”, cuestión irrenunciable por parte dos veciños. Ante esta actitude “a Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo, esixe ao equipo de goberno, depoña a actual actitude de menosprezo aos veciños e se abra de forma real e efectiva á mellora duns pésimos proxectos de peonalización, aproveitando a colaboración necesaria, leal e seria que lle ofrece a Plataforma, para o obxectivo común dun barrio Centro e unha cidade de Lugo á altura dos seus veciños”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com