Rueda e Candia non descartan que o PP acade a Deputación

No transcurso da reunión da xunta da directiva provincial do PP de Lugo, á que asistiu o presidente do PP de Galicia e da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, xunto coa secretaria Paula Prado, a presidenta provincial Elena candia e a directiva do populares lugueses, o presidente felicitou ao todo o PP de Lugo polos resultados acadados que no caso da capital “quedaron a escasos votos de acadar a alcaldía e foron o partido que gañou as eleccións no conxunto da provincia”.

A Xunta electoral deu no reconto do día 28 trece deputados ao PP e Elena Candia agárrase a ese dato para seguir pelexando por ese deputado que está no aire, xa que en Castro de Rei, votos que correspondían ao PSOE adxudicáronselle ao BNG e iso faría que ese deputado que neste momento ten o Partido Popular pasaría ao socialistas. Malia iso, e antes que o venres se pronuncie a xunta electoral, Candia lembrou que hai máis de mil votos nulos e que os técnicos dos populares escrutan un a un para ver se ese deputado que lle daría a maioría absoluta ao populares se consolida definitivamente, aínda que non semella cousa doada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com