Nunha visita á granxa Campomayor, compañía que foi beneficiaria do programa InnovaPeme, que tal e como sinalou O Conselleiro de Economía, Industria e Innovación, permite que as pequenas e medianas empresas poidan “afrontar os retos da transformación industrial”. A Xunta de Galicia lanzará proximamente unha nova convocatoria desta iniciativa cun orzamento de 4,5 millóns de euros, integrando o programa DeseñaPeme, e co obxectivo principal de axudar ao tecido empresarial a incorporar a I+D+i e o deseño nos seus procesos produtivos.
Campomayor, que conta co selo de Galicia Calidade, é unha empresa familiar de cuarta xeración que, Segundo resaltou o vicepresidente económico da Xunta de Galicia, ten “vocación innovadora desde o rural, que está mellorando os seus procesos e produtos e buscando novos formatos para poder ofrecer aos clientes” para que “poida haber un impacto desde o punto de vista da comercialización tanto no eido nacional como no internacional, onde está gañando mercado”.