A concellería de Medio Ambiente informa de que, logo de realizar en días pasados unha desinfección e limpeza completa das instalacións das Caldas do Miño por detectarse nos vasos de auga quente a presencia de Pseudomonas, a analítica efectuada o xoves confirma que todos os parámetros se atopan, novamente, dentro da normalidade.
Deste xeito e, tras notificar esta situación ao departamento de Sanidade, os inspectores realizaron esta mañá unha nova inspección ao recinto para ratificar este extremo, o Concello de Lugo procede, dende hoxe, a abrir ao público esta dotación para a que xa se poden realizar reservas dende a aplicación creada ao efecto.