Este domingo terá lugar a derradeira proba do XXI Circuíto Larsa Corre con Nós

O Corre con Nós contou con seis carreiras – actualmente hai rexistradas 1.850 inscricións – que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades.

A concellería de Deportes, informou de que, este domingo terá lugar a derradeira proba do XXI Circuíto Larsa Corre con Nós, evento no cal as persoas participantes percorrerán o entorno da Piscina Municipal de Frigsa.

A proba seguirá os seguintes horarios e percorridos:

12:00 Catg Mini ( 250 mt ) Recta de Meta

12:05 Catg Sub10-Sub12 ( 850 mt) cunha volta polo interior do Parque de Frigsa

12:15 Catg Sub14-Sub16 ( 1700 mt ) dúas voltas ao circuíto anterior

12:30 Catg ADULTOS (5600 mt) cun percorrido que transcorrerá polo interior do Parque de Frigsa e pola Avenida Duquesa de Lugo

Cortes de vías previstos para a celebración da proba:

Está previsto que, a partires das 11:30 h e ata as 13:30, o tráfico da Avenida Duquesa de Lugo no tramo paralelo ao Parque de Frigsa sexa dirixido e controlado polo Servizo de Policía Local de xeito que a marxe dereita, en sentido o Polígono de O Ceao, estea dividida por conos para facilitar a circulación nos dous sentidos mentres que a outra marxe estará cortada e dedicada ao desenvolvemento da proba de adultos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com