O actual conselleiro de Economía e Industria Francisco Conde ( Monforte de Lemos,1968), será o número un da lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo. O actual Vicepresidente do Goberno Galego, que foi profesor na Universidade San Pablo CEU, incorporouse á Xunta como asesor de Núñez Feijóo, que o designaría conselleiro no ano 2012. Con este nomeamento, Conde terá que renunciar aos seus cargos na Xunta para poder presentarse ás eleccións do 23 de Xullo.
Coa marcha de Conde ábrese unha crise no goberno da Xunta que podería ser de máis calado que a substitución do propio Conde, segundo se está a comentar en circos próximos ao PP de Galicia ñ. Todo apunta a que Rueda aproveitará a ocasión para realizar outros axustes e mesmo cambios.
De todos os xeitos é máis que posible que o PP de Lugo conte cun novo membro no consello da Xunta, xa que semella lóxico que os populares lugueses, non perdan a cota de poder que teñen na actualidade no citado consello.