Unha historia de amor baseada en feitos reais e titulada “Eismayer” chega aos cines Codex este venres, xunto ao drama xaponés “A hundred flowers” que trata sobre o alzhéimer que padece unha nai e os recordos que conserva o seu fillo, momentos que marcaron o peor trauma da súa vida cunha posta en escena meticulosa, precisa e minimalista.
“EISMAYER” é unha película austríaca do director David Wagner. Conta a historia dun gran amor gay, nun cuartel militar. Baseada en feitos reais, o cineasta coñecedor da historia e das anécdotas deste suboficial do exército desenrola este proxecto ao longo de oito anos e da como resultado este filme titulado “EISMAYER” que plasma a vida deste oficial. Unha historia valente, arrepiante, cunha excelente dirección de fotografía.
Sinopse: Baseada en feitos reais, conta a historia do segundo tenente Eismayer: é o instrutor máis temido e o macho máis modélico do exército austríaco pero leva unha vida gay secreta. Cando se namora dun mozo soldado abertamente gay, o seu mundo ponse patas enriba.
“A HUNDRED FLOWERS” filme xaponés do director Genki Kawamura, un drama sensible que trata o alzhéimer con exquisita sensibilidade. Pura emoción para contar unha historia dunha nai con escenas de gran beleza.
Sinopse: A mente de Yuriko comeza a deteriorarse rapidamente, padece demencia. Porén, para o seu fillo Izumi, os recordos da súa nai seguen tan claros como cando viviu a experiencia que os orixinou. O recordo dunha vivencia perségueo e atorméntao especialmente: cando pensou que ela desaparecera.