Alfonso Villares deixará a alcadía de Cervo para incorporarse ao Goberno da Xunta como titular da Consellaría do Mar, este nomeamento será oficial mañá, cando o Presidente da Xunta asine o decreto.
Villares é veterinario de profesión e estudou no Campus de Lugo.Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente como veterinario.
Desde 1995 é concelleiro do PPdeG en Cervo, con responsabilidades de goberno desde 1999 e como alcalde desde as eleccións municipais de 2007, cando obtivo unha maioría absoluta que revalidou nas eleccións municipais de 2011, 2015, 2019 e 2023.
Tamén é vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Con este nomeamento, tal e como comentabamos onte, o PP de Lugo seguirá a contar cun conselleiro no Goberno da Xunta.