Establecementos asociados a Lugo Monumental colgarán bandeirolas para Arde Lucus

Hoxe ás 17:00 horas a Asociación de Empresarios Lugo Monumental presentará na Praza do Campo os dous modelos de bandeiras que lucirán os establecementos asociados a Lugo Monumental que así o desexen. Trátase de dous modelos de bandeirolas, un romano e outro castrexo, deseñado por Lucía Barrios e que se expoñerán en fachadas e escaparates dos locais que decidisen participar nesta iniciativa. Elaboráronse 100 bandeiras de cada modelo, e tendo en conta o seu respectable tamaño (2 metros de longo por 0,65 de ancho) búscase colaborar na decoración da zona histórica para o próximo Arde Lucus. As bandeiras distribuiranse hoxe mesmo, polo que en próximos días os locais xa as lucirán, podendo situalas tanto en interiores como en exteriores. Cada local, como é habitual nas iniciativas de Lugo Monumental, abona as súas propias bandeirolas xa que a asociación non traballa con subvencións de ningunha clase.

A Asociación abona os gastos de deseño e a coordinación da iniciativa, que pretende dar visibilidade á zona como punto álxido da festa de recreación. A presentación terá lugar na Praza do Campo, coa colaboración da APEC, que nos presta os seus balcóns para despregar dúas bandeirolas dun tamaño máis xeneroso (3×1 metros) e que se lucirán durante estes días no Santuario de Magnus (a versión romana) e o Restaurante Campos (a versión castrexa). Desde a Asociación agradecemos tanto á APEC como aos dous locais colaboradores o despregamento destas bandeiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com