O CD Lugo acorda con Pavón e Serantes a rescisión dos seus contratos

O CD Lugo rescindiu de mutuo acordo os contratos do defensa Manuel Pavón e do gardameta Jon Ander Serantes, aos que lles restaba un ano de vinculación, ata o 30 de xuño de 2016.

O Club comunicou a Pavón que non entraba nos plans do técnico Luis Milla para a tempada 2015-2016, abrindo un período de negociación entre ambas as dúas partes que concluíu hoxe coa rescisión do contrato.

O CD Lugo agradece a Manuel Pavón a profesionalidade e entrega demostrada durante as tres tempadas nas que militou no equipo (2012-13, 2013-14 e 2014-15). Jon Ander Serantes foi incorporado ao CD Lugo para a tempada que acaba de concluír (2014-15), na que xogou cedido no CD Leganés.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com