A CEL imparte o xoves un webinar gratuíto sobre plans de igualdade e protocolos antiacoso

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a fenda salarial, organiza para este xoves, 22 de xuño, un webinar informativo de carácter intensivo a través do que se tratará de sinalar os puntos crave para dar debido cumprimento nas empresas á normativa de igualdade, con especial atención ás especificacións dos Plans de Igualdade e Protocolos Antiacoso.

No webinar, que terá lugar de 10:00 a 13:00 horas, intervirán Verónica Suárez García, avogada socia responsable da área Procesual de Frago & Suárez Avogados Penalistas, e Judith Vilá San Claudio, avogada socia da consultoría de igualdade xera.t, especialista en igualdade e violencia de xénero e experta en mediación laboral e contencioso- administrativo.

A CEL lembra que a día de hoxe as empresas teñen pendente adaptarse á Lei de Igualdade e á normativa que a desenvolve. Segundo diferentes estudos, moitas das empresas obrigadas, ou ben non dispoñen dun Plan de Igualdade ou o que implementaron non é o idóneo. Na mesma liña, os Protocolos de Prevención do Acoso constitúen unha obrigación para todas as empresas que en moitos casos é aínda descoñecida ou mal aplicada. O obxectivo do webinar é paliar este déficit e axudar ás empresas de Lugo a cumprir adecuadamente cos retos que expón a igualdade nas contornas laborais. Info e inscricións A asistencia ao webinar é gratuíta, pero as prazas son limitadas polo que se require inscrición a través da web www.cel.es.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com