Praia das Catedráis Praia das Catedráis

Turismo de Galicia elabora unha guía dos recursos da costa cantábrica de Galicia

Turismo de Galicia, en colaboración coa Universidade de  Santiago de Compostela, elaborou una guía dos recursos xeolóxicos e xeomorfolóxicos da costa cantábrica de Galicia. A publicación enmárcase no plan de conservación da praia das Catedrais e ten como  obxectivo promover a oferta turística complementaria da Mariña Luguesa e impulsar, así, o  turismo en toda a comarca.

Ademais, con esta nova publicación, Turismo de Galicia busca enriquecer a experiencia  turística neste destino fóra da temporada estival, buscando así a desestacionalización das visitas e aumentando a estadía media do turista que se achega a coñecer este famoso paraxe. Este inventario de recursos xeomorfolóxicos únese a outras publicacións editadas por Turismo de Galicia que ofrecen opcións complementarias na Mariña.

Así, a guía “A Mariña Luguesa”, a publicación “Alén das Catedrais” ou a guía “Faros e Praias Salvaxes” demostran como esta comarca pode ser un destino atractivo os 365 días do ano. A nova publicación recolle un estudo elaborado por Augusto Pérez, Catedrático de Xeografía  Física da Universidade de Santiago, e Francisco Canosa, Doutor en Xeoloxía da Universidade de Oviedo, da riqueza xeolóxica e xeomorfolóxica da costa de Ribadeo e a súa contorna. A zona analizada esténdese dende o Cabo de Estaca de Bares á Ría de Ribadeo, un sector de costa pertencente case na súa totalidade á provincia de Lugo, que se caracteriza pola súa diversidade tanto a escala detalle como no seu conxunto.

A traveso deste estudo, Turismo de Galicia quere dar a coñecer outros puntos de grande interese xeolóxico e xeomorfolóxico que non gozan do recoñecemento e popularidade da praia de As Catedrais pero que, porén, presentan un gran potencial e atractivo. A guía, que está xa dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia, está enfocada tanto para turistas e visitantes que queiran coñecer este destino desde outra perspectiva  como para especialistas que estean interesados en afondar nesta riqueza.

No pasado ano a Mariña Luguesa acolleu máis de 135.000 viaxeiros que realizaron máis de 256.000 estadías, o que supón un incremento de turistas do 8% en relación ao ano 2013 e unha suba do 7%.

No que vai deste ano 2015 as cifras van en aumento, xa que no primeiro cuadrimestre do ano chegaron xa á Mariña máis de 27 mil turistas, un 16% máis que no mesmo período do ano pasado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com