Sobre as 10.30 desta mañá, produciuse unha colisión múltiple na que se viron involucrados catro automóbiles. O sinistro produciuse cando un Audi azul procedente do alto de Garabolos chocou con tres vehículos que subían, a altura de onde se atopa o radar da N-VI.
Como resultado do accidente resultaron feridos de gravidade, o condutor do Audi, a condutora dunha furgoneta e o dous pasaxeiros dun todo terreo Nissan, o condutor do cuarto vehículo, resultou ileso.