O Goberno Central concede axudas a Quiroga e Palas de Rei polos incendios do 2022

O Ministerio de Política Territorial ven de conceder 35030.65 euros en axudas para reparar infraestruturas municipais afectadas polos incendios do pasado verán en dous concellos da provincia : Quiroga e Palas de Rei. Resolve así a convocatoria publicada o pasado mes de decembro destinada a conceder axudas a entidades locais polos danos causados por distintas emerxencias, entre elas, os incendios forestais. En total en Galicia son nove os proxectos que reciben por un valor de 250.076,68 euros.

A estas axudas tiñan dereito todos os concellos cuxo territorio foi declarado “zona afectada gravemente pola emerxencia de Protección Civil” polo (ZAEPC) polo Consello de Ministros do 23 de agosto. Entre estas zonas estaban varios concellos galegos afectados por grandes incendios forestais declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto. En Lugo foron dous os concellos os que reciben estas axudas.

O total do importe destas subvencións destinaranse a executar obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal .A subvención cubre o 50% do total do custe das reparacións

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com