Na visita que fixo ao concello de Cervantes, Besteiro manifestou o seu apoio a,” unha cooperativa interxeracional,sostible e comprometida corural”. A organización, que acaba de recibir unha axuda de 50.000 euros do Goberno de España para a súa liña de elaborados, é a única en Galicia que practica a transhumancia e marcouse como obxectivo pechar o ciclo da produción de gando sen intermediarios: “desde a cría ata a comercialización”.
Gómez Besteiro visitou varias fincas cos veciños da Moreira e probou algunha das novas elaboracións que A Carqueixa comercializa desde hai cinco meses na súa tenda en liña.
O cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso por Lugo comprometeuse cos cooperativistas a asistir á inauguración da ampliación da tenda que teñen na Praza de Abastos de Lugo, e apoiou a súa demanda diante da Xunta para “fomentar o sacrificio de proximidade tal e como fan en Asturias”.