O CD Lugo fai oficial a contratación do centrocampista do Antonio Campillo Medina “Campillo” (Madrid, 16 de xaneiro de 1990) procedente do Raio Vallecano. O xogador asina un contrato que o vinculará o Club para as dúas próximas tempadas, con opción a unha terceira.
Antonio Campillo xogou a pasada tempada no Rayo Vallecano B, en Segunda División B, grupo 2, marcando, malia a súa posición de centrocampista, un total de 12 goles no campionato ligueiro. O seu rendemento fixo que ao longo da pasada tempada adestrase asiduamente co primeiro equipo “rayista”.
Formado nas categorías inferiores do Atlético de Madrid, tamén militou no Getafe antes de recalar no Raio Vallecano B, no que levaba dúas tempadas. O CD Lugo aposta decididamente pola súa xuventude e proxección.