Besteiro “… a obtención da presidencia do Congreso abre o camiño cara unha nova investidura de Sánchez”

En declaracións realizadas unha vez rematada a sesión de apertura XV Lexislatura no Congreso dos Deputados, José Ramón Gómez Besteiro, deputado do PSdG por Lugo,  sinalou que “a obtención da presidencia do Congreso abre o camiño cara unha nova investidura de Sánchez”.

Asemade tamén destacou que un novo goberno presidido polo partido socialista  “é unha boa nova para Galicia, para seguir co proxecto iniciado hai catro anos e que a Galicia nos beneficia especialmente” e “para continuar coa mesma posición en materia de reindustrialización de aplicación de fondos europeos, de inversións importantes nas diferentes infraestruturas do noso país” e subliñou que un goberno presidido por Pedro Sánchez será un goberno “capaz de afrontar un dos maiores retos que ten Galicia que é o reto demográfico”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com