Con motivo da estrea a vindeira semana do novo filme de Nanni Moretti “O sol do futuro”, os cines Codex van a proxectar nas súas pantallas este xoves 7 de setembro nun pase único “ Caro diario”, filme de 1993.
Sinopse: película dividida en tres episodios, que reflicte a vida e as opinións do director: “Na miña vespa” é unha aproximación á vida cotiá de Roma durante o mes de agosto; en “Illas” visita a Gerardo, un amigo que vive en Lipari dende hai once anos; xuntos percorren outras illas como Salina, Stromboli, Panarea e Alicudi. En “Médicos”, o director roda a súa propia quimioterapia e o seu percorrido por hospitais e especialistas incapaces de diagnosticar a causa duns insoportables picores.