Segundo a central sindical Comisións Obreiras (CC.OO) denuncia, “hai falta de persoal na residencia de maiores San Rafael, en Mondoñedo, xestionada pola entidade Edad Dorada-Mensajeros de la Paz. Segundo o sindicato, desde o mes de xuño están «baixo mínimos» e isto provoca unha sobrecarga de traballo. Como exemplo desta situación, hai quendas en que unicamente dúas xerocultoras deben atender 47 residentes”.
A causa desta falta de persoal, é que “Mensajeros de la Paz non está a substituír as persoas que se atopan de baixa nin tampouco as que gozan das súas vacacións. Alén disto, o centro non conta co persoal de enfermaría obrigatorio que esixe a normativa, pois só unha persoa traballa de luns a venres, en horario de mañá, quedando a descuberto as restantes quendas”.
A falta de persoal obriga as empregadas e empregados do centro a asumiren máis traballo e a se expoñeren a máis riscos laborais,”tanto físicos como psicosociais, provocando o que se coñece como síndrome do traballador ou traballadora queimada (burnout). Denuncia a central sindical.
Comisións puxo esta situación en coñecemento da empresa e mais da Consellaría de Política Social —que ten as funcións de inspección destes centros—, “dando ambas as dúas a calada por resposta”.