As catro primeiras incorporacións do CD Lugo para a próxima tempada: Igor Martínez, Carlos Hernández, Campillo e Mario Barco, pasaron a primeira hora desta mañá o recoñecemento médico no Hospital Polusa antes de incorporarse á primeira sesión de traballo que terá lugar esta tarde no Angel Carro, a partir das 18.00 horas.
Igor Martínez Caseras (Vitoria-Gasteiz, 19 de xullo de 1989), asinou por dous tempadas. Militou as últimas dúas campañas no Club Deportivo Mirandés. Na tempada que acaba de concluír Igor Martínez, internacional sub-21 coa selección española, disputou 39 partidos. Con anterioridade ao Mirandés, xogou no Athetic Club de Bilbao, na Liga BBVA, entre as tempadas 2010-2013.
Carlos Hernández Alarcón (Xaén, 15 de setembro de 1990) asinou para as dúas próximas tempadas. Trátase dun central novo pero, á vez, con ampla experiencia na categoría. Non en van, nas dúas últimas campañas disputou preto de 70 encontros, na Liga Adelante, no Sabadell (33 na 2013-2014 e 34 na 2014-2015).
Con anterioridade, pasou polas filas da Zaragoza e o Real Xaén. Antonio Campillo Medina (Madrid, 16 de xaneiro de 1990) procedente do Raio Vallecano. O xogador fichou co CD Lugo para para as dúas próximas tempadas, con opción a unha terceira.