Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “Ashkal, os crimes de Tunisia.” e “Dispararon ao pianista”.
“Dispararon ao pianista“, baixo a dirección de Fernando Trueba e Javier Mariscal onde mesturan animación e bossanova. Unha película fermosa e tráxica á vez, polo que é e tamén polo que se nega a ser. Un luminoso canto de amor á vida e á música. Sinopse: Un xornalista musical de Nova York comeza unha trepidante investigación detrás da misteriosa desaparición do pianista brasileiro, Tenorio Jr, habitual de Vinicius de Moraes, entre outros.
“Ashkal, os crimes de Tunisia”, un triller criminal ambientado en Túnez. Sinopse: nos Xardíns de Cartago, un barrio de Tunisia, creado polo Antigo Réxime pero coa construción paralizada co comezo da Revolución, dous policías atopan un corpo queimado nun dos solares. A medida que se retoman lentamente as obras da zona, comezan tamén a investigar este misterioso suceso. Cando se produce de novo, o caso dá un xiro desconcertante…