Tras realizar na pasada semana o traballo de carpintería, a empresa adxudicataria comezou a montaxe das novas cadeiras nas localidades, coa
previsión de ter renovado o chamado “fondo estadio” para o partido do vindeiro mércores entre CB Breogán e Bursaspor da competición europea Basketball Champions League (BCL).
Os traballos de montaxe continuarán nas vindeiras semanas, ata completar renovación das bancadas da metade inferior, tanto as localidades que teñen asentos grises como as que non teñen asento. Instalaranse 2.000 novos asentos, de cor azul e con respaldo pregable.
As tarefas desenvolveranse por fases, tendo en conta o calendario de encontros nas próximas semanas, tal e como se acordou coa empresa e cos clubs. O obxectivo é que o Pazo manteña a capacidade nos días nos que se disputen os partidos de CB Breogán e Ensino.