Sucedeu ás tres desta tarde nunha explotación gandeira situada no lugar de A Cabana, na parroquia friolesa de Nodar. Un veciño localizouno tirado e sangrando no interior dun establo e alí acudiron diversos medios que foron alertados desde o 112 Galicia tras as primeiras chamadas de axuda.
Deste xeito, mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Friol e de Protección Civil e os axentes da Garda Civil.
Sen embargo, nada puido facerse por esta persoa, e axiña confirmouse o seu falecemento.
Os axentes de seguridade indicaron que se trataba dun accidente no ámbito do traballo, e posiblemente provocado por unha caída.