O Parlamento Europeo revisará esta tarde o desenvolvemento da aplicación do “paquete lácteo”

Esta tarde ás 17.00 horas deu comezo a sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo, na que como segundo punto da orde do día estaba axendado un debate de revisión sobre a aplicación do denominado ‘Paquete lácteo’ -aprobado na Unión Europea tanto polo Partido Popular (PP) como polo Partido Socialista (PSOE) o 15 de febreiro do ano 2012-, que terá lugar tomando como base a proposta de resolución “Sobre as perspectivas para o sector lácteo na UE. Revisión da aplicación do ‘Paquete lácteo'”, presentado por James Nicholson, eurodeputado do Grupo Europeo dos Conservadores e Reformistas (ECR).

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, intervirá no debate desta tarde para reiterar unha vez máis que “gran parte da actual crise no sector leiteiro débese precisamente á aplicación de este paquete lácteo, contemplado como un dos instrumentos de apoio para a liberalización total do sector,unha medida que non estableceu nin tan sequera medidas básicas como un prezo mínimo que cubra os custos de produción e remuneren o traballo, nin tampouco fixou mecanismos efectivos que penalicen a imposición de vender a perdas que neste momento sofren as produtoras e produtores”, lembra Senra.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com