O Concello distribúe os locais que ocuparán as seis forzas políticas no consistorio

O Concello de Lugo vén de informar da distribución dos locais da casa consistorial entre os 6 grupos políticos municipais. A selección foi realizada por orde de representación na Corporación municipal.

Deste xeito, o Partido Popular terá dous dos locais dos que xa dispoñía na planta baixa, e o Partido Socialista quédase asemade co local do que xa dispoñía na planta alta do consistorio.

Á plataforma cidadá Lugonovo asignóuselle un dos locais que até de agora ocupaba o BNG na planta alta, en concreto o que está situado ao lado do do PSOE, e o BNG quédase con un dos locais que xa ocupaba na planta alta. Ciudadanos ocupará o novo local habilitado na planta baixa, entre o Tribunal Económico e o departamento de Persoal, e a plataforma ACE terá un dos locais que usaba o Partido Popular na planta baixa.

Xornal de Lugo puido falar esta tarde co responsable de Alternativa Cidadá de Esquerdas, Carlos Portomeñe, que amosouse satisfeito con este reparto, aínda que resaltou que tivo que enterarse a traveso da prensa, e non polo Concello.

“As forzas minoritarias no Concello enterámonos de todas as novidades do consistorio grazas aos medios de comunicación, aos que convocan antes que a nós, que somos os principais interesados, pero bueno, polo menos temos local, aínda falta a remodelación pero é bo saber que ACE e as outras dúas forzas políticas novas no Concello contarán cos espazos axeitados para poder atender de xeito digno á cidadanía”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com