Unha casa quedou reducida a cinzas en Cospeito nun incendio que se declarou arredor das 00.00 horas desta noite. Tratábase dunha vivenda de dúas plantas situada no lugar de Muíños, en Pino.
A persoa que alertou ao 112 asegurou que na residencia non había ningunha persoa, pero si animais. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e os membros do GES de Friol, que lograron extinguir as lapas e salvar aos animais que estaban na parte de atrás do inmoble. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.