O vindeiro mércores día 8 de novembro o Vello Cárcere acollerá unha sesión de lectura de poesía de Palestina a partir das 20.30 horas. A organización conta coa colaboración de Lugo por Palestina. “Trátase dun xesto de solidariedade co que queremos dar a man a estas voces que claman por ser escoitadas, voces coas que estamos e coas que nos erguemos en contra do xenocidio do pobo palestino”, sinalan na convocatoria.