De Ninghures presenta o seu novo single, ‘Morena’, na Capela de Santa María

A Capela de Santa María acolle este venres ás 20.00 horas o concerto da banda De Ninghures, na que presentan o seu novo traballo. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa a presentación de ‘Morena’, un single con sons de rumba, que cantan á festa e tende pontes coas sonoridades árabes, nunha composición que se achega á electrónica.

De Ninghures está formado por sete integrantes naturais de distintas localidades do país, como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. A pandeireta e a gaita mestúrase cos sons do violín e a frauta travesa, que se conxuran nos concertos para contaxiar enerxía e facer descubrir a música deste grupo.

A banda publicou en 2022 o seu primeiro álbum, ‘Aquí’, con raíces de Galicia e claras influencias de músicas da Península, América Latina ou o Magreb.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com