Cortada a estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, dende o venres ata o luns

As obras de mellora e ensanche que se están acometendo na estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada o venres, o sábado e o vindeiro luns. En concreto, é necesario cortar a circulación dende o quilómetro 6 ao 9 para acometer os traballos de estendido do aglomerado.

A Deputación destina 275.000 euros para esta estas obras, que teñen como obxectivo ter unha plataforma de entre 5,10 e 5,50 metros de ancho. Ademais, fixéronse actuacións de drenaxe, estase pavimentando e farase a correspondente sinalización horizontal e vertical. Colócanse tamén novas balizas de neve, paneis direccionais e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Na actualidade, este tramo contaba cun ancho de 4 metros, polo que estas actuacións servirán para ampliar considerablemente a superficie da vía, mellorando a seguridade e comodidade das persoas usuarias.

O corte estará debidamente sinalizado nas interseccións para causar o menor prexuízo posible ás persoas que utilizan a estrada. Estas actuacións fanse na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, polo que se tivo especial coidado en que o proxecto tivera un impacto medioambiental mínimo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com