O BNG defenderá no vindeiro pleno unha propsota en apoio á mellora das condicións das traballadoras do sector da limpeza

O BNG defenda no vindeiro pleno provincial unha proposta de goberno en apoio á mellora das condicións das traballadoras da limpeza de Lugo, que levan máis dun mes en folga para reclamar un convenio digno.

A deputada de Cultura Iria Castro expresou “o apoio da formación nacionalista ás reivindicacións das traballadoras da limpeza, que denuncian unhas condicións inadmisibles con táboas salariais inferiores ao marcado polo SMI” e “que a súa loita interpela a toda a sociedade, e especialmente ás mulleres, xa que son os sectores feminizados os que máis sufren a precariedade laboral”.

A proposta presentada para debate no vindeiro pleno provincial reclama ás patronais CEL e ASPEL unha actitude negociadora áxil e dialogante que facilite un acordo entre as partes e insta á Xunta a mediar no conflito e garantir unhas condicións laborais e salariais dignas para as traballadoras.

As traballadoras do sector da limpeza de Lugo están en folga indefinida para esixir unha mellora nas súas condicións laborais e salariais desde o 16 de outubro. O sector da limpeza privada na provincia de Lugo é un sector que dá emprego a 1.800 traballadoras e traballadores, moitas delas empregadas de concesionarias dos servizos de limpeza das administracións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com