Alfonso Rueda achegouse onte a Lugo para manter unha xuntanza coa alcaldesa da cidade, Lara Méndez. Na reunión, que se mantivo no edificio da Xunta, mantivéronse varios diálogos sobre diferentes proxectos da capital.
Rueda cualificou a reunión de “cordial” e considerou positivo que a Administración autonómica e a local poidan sentarse para abordar conxuntamente asuntos de interese para os lucenses como as infraestruturas , a vivenda, a sanidade ou os equipamentos deportivos e culturais.
En cambio, Méndez sostivo que a xuntanza fora “tensa e densa” polos temas a tratar, “débedas históricas” da cidade. Méndez sostivo que, a pesar de que na anterior reunión que mantivo co presidente da Xunta saíra coa esperanza de chegar a acordos, eses acordos continúan a día de hoxe enriba da mesa, co que considera que “disminúe a credibilidade” do goberno galego. Con todo, a alcaldesa mantivo que seguirá coa “man tendida” para sacar adiante proxectos coa Xunta, coma os que o Concello ten previstos para o rural, o Pazo de Dona Urraca, o saneamento e o abastecemento da auga, o Sagrado Corazón, o Centro Integral de Saúde ou o novo xuzgado, entre outros.