A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) vén de recoñecer á Cofradía de Pescadores de Celeiro coa súa Insignia de Ouro polo seu indispensable papel no impulso socioeconómico non só do sector pesqueiro mariñán, senón de todo a contorna onde desenvolve a súa actividade desde fai 100 anos.
A CEL destacou que a importancia da Cofraría é vital polo seu papel histórico, pola súa aposta polas prácticas sustentables e viables de pesca ao longo dos anos, pola súa contribución á creación de emprego e riqueza ao longo dos anos, e pola súa aposta pola responsabilidade social ou a innovación, desenvolvendo tecnoloxías innovadoras e fomentando o avance da industria.
A CEL subliña igualmente a capacidade de resistencia e adaptación da Cofraría, manténdose activa e relevante ao longo do tempo, ou a súa contribución á preservación cultural e patrimonial da tradición pesqueira de Viveiro, transmitindo coñecementos de xeración en xeración sobre técnicas de pesca, métodos de navegación e formas de vida ligada ao mar.
A instauración da Insignia de Ouro da CEL foi aprobada polos órganos de goberno da Confederación de Empresarios de Lugo en 2007 con motivo da celebración do seu trixésimo Aniversario, e co obxectivo de homenaxear a persoas e institucións que pola súa traxectoria e labor profesional contribuísen á xeración de riqueza e emprego na provincia de Lugo ou ao desenvolvemento empresarial e ao progreso económico en xeral.
O recoñecemento outorgarase durante o acto homenaxe efeméride do centenario da entidade, previsto para este sábado no marco das XXVI Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro. Jaime López, secretario xeral da CEL, será o encargado de facer entrega da insignia á Confraría, en cuxo nomee recolleraa o seu patrón maior, Domingo Rey.