O PP esixe a Tomé que sexa “un presidente para todos, non só para os do Psoe”

O Portavoz do Partido Popular Antonio Ameijide explicou que, “tomando os datos do rexistro de entrada presencial da Deputación da semana do 30 de outubro ao 3 de novembro comprobouse como alcaldes de diferentes cores políticas realizaron ata 8 peticións a Tomé (entrevistas persoais, arranxo de estradas ou posta a disposición dos medios do parque móbil) que o presidente ignorou sen miramentos”

“Cos datos dunha soa semana vemos como ignora toda petición que non veña dun alcalde que sexa amigo seu”, afirmou, ao que engadiu que “no Partido Popular hai alcaldes que nos últimos anos cursaron máis de 20 peticións de entrevista co presidente da Deputación e seguen agardando unha resposta”, denunciou.

“José Tomé segue instalado na súa actitude ditatorial, discriminando a miles de veciños da provincia, ao seguir negándose a recibir e escoitar aos alcaldes que lle realizan peticións para mellorar os seus municipios, unicamente por representar as siglas do Partido Popular ou doutra formación que non sexa a do partido socialista”, explica o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide.

Ante esta situación, o popular esixe a Tomé “altura de miras e unha actitude institucional que ata agora non mostrou” xa que “o único que está a facer ignorando aos alcaldes que non son do PSOE é dar as costas a miles de veciños da provincia que residen neses municipios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com