O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro celebrou a aprobacion dos Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2024, que se ratificou no pleno provincial deste martes con votos a favor de BNG e PSOE, e nos que o Partido Popular votou non.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro celebrou a aprobacion dos Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2024, que se ratificou no pleno provincial deste martes con votos a favor de BNG e PSOE, e nos que o Partido Popular votou non.
Dos 116 M€ das contas provinciais para o ano que ven, o vicepresidente valorou “o Plan Único como principal instrumento de cooperación cos concellos”, así como “o investimento destinado “ao funcionamento e á ampliación da rede de Centros de Atención a Maiores, cunha partida arredor dos 11 millóns de euros.
Ademais, destacou o investimento da Deputación de Lugo no “apoio económico á promoción do deporte e aos e deportistas que están a protagonizar un periodo dourado para o deporte, cun investimento de 4,1 M € destinados a clubs de máximas categorías, dos que a Deputación é o principal patrocinador, e tamén ao tecido deportivo de base e afeccionado” . Asemade destacou o apoio “a sectores estratéxicos para as comarcas de Lugo e fundamentais na producion de alimentos de proximidade e na sostibilidade económica, social e ambiental do medio rural como a gandeiría e a agricultura” a través do orzamento de 1,8 M€ da área de Rural.
Tamén subliñou o investimento en Cultura, a través da Rede Museística Provincial, con 3,6 M€, e do apoio ao tecido cultural, con 1,1 M€ destinados a programacións propias, e preto de 1M€ dedicados a colaborar con entidades culturais.
Resposta do PP
Pola súa banda o Partido Popular, por medio do seu voceiro Antonio Ameijide, sinalou que “o PP non pode apoiar un orzamento que baixa fondos aos concellos e a sectores motores da provincia coma o primario ou o turismo”. Así mesmo, explicou que “Tomé mentiu no Parlamento de Galicia sobre o Plan Único da Deputación de Lugo. Dixo que se ía incrementar nun millón de euros, pero o millón non aparece”. De feito, a memoria dos orzamentos que é o documento oficial que se debate no Pleno, “recolle 21,5M€, a mesma cantidade que para este 2023”.
O portavoz popular explicou durante o debate que “nos documentos reais de gastos dirixidos a Plan Único aparecen 11 M€”. Dende o Grupo do PP “imos ser xenerosos e contar con que incorporen o resto dos fondos ao longo do ano”, pero o certo é que “conxelan o Plan Único”. Incluso se finalmente contara cos 21,75M€, esa subida dun 1,16% é, “na práctica, unha conxelación tendo en conta a inflación”. Rematou.