Comunicado de “Lugo por Palestina”

“O mércores 29 de novembro celébrase o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, como cada ano, dende que no 1977 se declarara como día de loita en atención a un pobo que vive en ocupación, Apartheid e exilio dende o 1948. Un problema que a día de hoxe non só non se resolveu, senón que amosa a súa cara máis atroz.

En só sete semanas, as prácticas de xenocidio sobre o pobo palestino por parte do Estado de Israel se teñen traducido en: máis de 14.300 persoas asasinadas (o 75% crianzas e mulleres), cando menos 30.000 feridas, e 3.640 desaparecida baixo os escombros con ou sen vida (entre elas máis de 1.770 crianzas); 1.7 millóns de persoas desprazadas (case un 80% da poboación); 26 dos 35 hospitais da Franxa fóra de servizo; 278 escolas bombardeadas; máis do 55% das vivendas destruídas; e dificultades de acceso a auga potable, enerxía e a atención médica que poñen en risco a vida do conxunto da palestina.

Por todo elo, neste ano 2023, a reivindicación neste día cobra máis forza, nun acto de protesta, de solidariedade e de esixencia de medidas que poñan fin á violencia.

Consideramos que nesta repulsa ao xenocidio por parte da cidade de Lugo, os colectivos que defendedes diariamente o dereito dos pobos a ser recoñecidos no seu valor e singularidade, tedes un papel fundamental. Por iso gustaríanos contar coa vosa participación na concentración de protesta que realizaremos o mércores 29, ás 20:30 horas, na Praza da Mosqueira de Lugo, así como animarvos a contribuír á acción artística colectiva.

E é que nese día, quixeramos tamén construír entre todas as persoas un mural colectivo de denuncia ao xenocidio e de reclamo do fin da violencia, que poder situar posteriormente nalgún lugar público da nosa cidade. Podedes traer a vosa achega (grupal ou individual) xa elaborada nunha folla de papel, que encolaremos no mural, ou animarvos a elaborala alí mesmo o propio día achegándovos un pouco antes da hora da acción. Estaremos por alí dende as 19:30 horas.

Agradécese, nesta liña, que poidades dar difusión a este correo entre as persoas da vosa entidade e animar á participación.

 

Amosemos un Lugo unido contra o xenocidio.

Contamos con vós. Vémonos o 29 nas rúas!

Plataforma Lugo Por Palestina

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com