Presentación do proxecto ‘Termagal’ no Balneario de Lugo

A Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na inauguración da presentación do proxecto Termagal que tivo lugar no Balneario de Lugo que contou tamén coa participación do presidente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Antonio Garaloces, do decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Gestal e a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, Patricia Daporta,

O proxecto, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, “constitúe unha ferramenta de xestión médica e documentación que permitirá a estandarización dos procesos de asistencia médica nos balnearios de Galicia”. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia na presentación, este software permitirá a homoxeneización da recollida de historias clínicas de pacientes e, polo tanto, facilitará a súa xestión.

Neste senso, Nava Castro afirmou que “con Termagal a proposta de servizos de saúde revalorizarase grazas a monitorización dos casos atendidos e dos resultados obtidos”. A responsable de Turismo da Xunta sinalou que se trata dun gran avance que potenciará a atracción e a fidelización dos usuarios nos balnearios de Galicia. “Termagal supón un empuxe fundamental para continuar consolidando Galicia como destino termal de referencia”, resaltou Nava Castro.

Doutra banda, a secretaria xeral, destacou na súa intervención que cada vez son máis as parellas e familias que acoden aos balnearios buscando a prevención e o tratamento de doenzas crónicas. Segundo explicou, os balnearios galegos posúen sete das oito clases de augas mineromedicinais que existen no mundo e que se empregan para tratar múltiples enfermidades.

Afirmou asemade que “a nosa Comunidade conta cunha gran potencialidade no turismo de saúde e benestar. No Plan Integral de Turismo de Galicia o turismo termal toma un papel clave na liña estratéxica que fai referencia á oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos diferenciais, buscando a desestacionalización e os novos públicos”.

Este plan contén cinco liñas estratéxicas centradas na planificación termal, infraestruturas termais, produtos termais, coñecemento termal e promoción termal con numerosos programas de acción planificados temporalmente entre o 2014 e o 2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com