Unanimidade no Parlamento para instar a que o Goberno retome as variantes dos Peares e Rubián, para que o AVE chegue a Lugo

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que se execute as variantes ferroviarias dos Peares e Rubián, “básicas para que o AVE poida chegar a Lugo, tanto á cidade como á provincia”.

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu momento polo Goberno de Mariano Rajoy e hoxe suprimidas polo Goberno de Pedro Sánchez”. Sen estas variantes, o actual trazado ferroviario non permite que ningún tren AVE poida circular pola provincia.

O acordo final tamén reclama que se dote a Galicia, con carácter de urxencia, de como mínimo sete trens AVRIL; e que faga unha aposta real e decidida pola conexión por AVE con Portugal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com