A Asociación de Empresarios Lugo Monumental, convoca o concurso de escaparates do Nadal entre os seus asociados coa finalidade de colaborar na decoración festiva do centro histórico de Lugo.
Participantes e duración: Poderán participar os asociados que estean ao día das súas cotas. Para iso só deberán enviar unha fotografía do escaparate ao correo asociacion@lugomonumental.es indicando o seu desexo de participar.
Tomaranse en consideración os escaparates instalados entre o venres 15 de decembro de 2023 e o venres 5 de xaneiro de 2024.
Premios: Establécense tres premios en efectivo:
Primeiro premio: 300 euros.
Segundo Premio: 200 euros.
Terceiro premio: 100 euros.
Xurado: O xurado será nomeado pola Xunta Directiva de Lugo Monumental, e a súa composición farase pública co fallo do concurso. Convidarase a formar parte do xurado ao titular do establecemento gañador da edición anterior que, en todo caso, non poderá participar na presente. Salvo o establecido no punto anterior, os membros do xurado non poderán ser asociados de Lugo Monumental salvo o secretario, función que exercerá o Presidente da Asociación, e que non terá nin voz nin voto na deliberación. A decisión do xurado será emitida por maioría de votos emitidos e o fallo será inapelable.
O titular do establecemento gañador do concurso de escaparates 2023, será convidado a formar parte do xurado da Edición de 2024 en caso de levarse a cabo. En todo caso, non poderá participar no concurso da devandita edición.