Feridas dúas persoas tras ser atropeladas nun paso de peóns en Ribadeo

As dúas persoas feridas, unha delas en cadeira de rodas, estaban totalmente liberadas e accesibles.

Segundo informa o 112 Galciia, unha persoa particular foi quen chamou ás 12:30 horas deste mediodía. Indicaba que dúas persoas, unha delas en cadeira de rodas, foran atropeladas nun paso de peóns, na rúa de San Roque, á altura do número 13, en Ribadeo. Aseguraba que estaban conscientes e totalmente liberadas.

Desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros de Barreiros e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios confirmaron o traslado das dúas persoas ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com