O BNG na Deputación logra aprobar cos seus tres únicos votos unha moción a favor do pobo palestinos

O BNG sacou adiante no pleno provincial, cos seus tres votos, unha moción en apoio ao pobo palestino. Fronte á abstención de PP e PSdG, que evitaron aclarar o seu posicionamento , a proposta do BNG condena “o xenocidio que se está perpetrando contra o pobo palestino e remarca a necesidade da apertura de corredores humanitarios e dun cesamento do fogo permanente”.

Insta ao goberno do Estado e á Unión Europea a romper relacións diplomáticas con Israel e a recoñecer Palestina como Estado con todos os seus dereitos. Pide tamén a intervención da Corte Penal Internacional ante o xenocidio planificado polo goberno de Benjamin Netanyahu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com