Lugo non terá xulgado especifico de violencia de xénero este 2024

Lugo non contará finalmente cun xulgado especifico de violencia de xénero este 2024 , segundo denunciou a secretaria xeral do PPdeG Paula Prado, quen valorou hoxe a decisión do Goberno Central de “crear 70 novos xulgados, pero ningún de violencia de xénero na Comunidade”. A pesar de que, tal e como recorda a número dous do populares galegos, “o pasado mes de novembro o PSOE e o BNG, apoiados por Sumar, asinaron a creación de cinco novos xulgados extraordinarios de violencia de xénero en Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Ferrol”.

“Como era de esperar, non tardou en chegar a primeira mentira do pacto de investidura que asinaron PSOE e BNG”. “O PSOE “non só se ri na cara do BNG, senón na de todas as galegas e galegos e, sobre todo, rise na cara de todas as vítimas de violencia de xénero que saben da necesidade destas cinco novas unidades xudiciais”. Subliñaba Prado.

Prado concluíu aseverando que “agora volven tomarlle o melo ás vítimas de violencia de xénero, e a todas as mulleres, con esta negativa a que Galicia teña cinco xulgados”, asegura a número dous dos populares galegos pedindo ao Goberno de Sánchez que non se escude nos orzamentos. “A violencia de xénero non entende nin de presupostos nin de burocracia”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com