Retroalimentación

En tempos, o desideratum da comunicación era que o receptor puidese responder ao emisor en igualdade de condicións, mediante o feedback, ou retroalimentación. Na prensa escrita, un esbozo desa resposta eran e seguen a ser as “Cartas ao director” e na radio as chamadas telefónicas, pero ningún medio permitía esa conexión directa por imposibilidade técnica. E apareceu Internet para revolucionarnos a vida, e permitir unha conexión que non acredita participación ao mesmo nivel, nin a veracidade da información.

Cando os medios tradicionais informan, sábese a súa ideoloxía, a profesionalidade dos informadores, a responsabilidade da información… e os destinatarios podemos contrastala de inmediato dada a pluralidade de emisores.

En Internet hai medios acreditados, moitos vencellados aos medios tradicionais, pero ao poder ser emisor calquera, a rede ven ser campo de batalla de combatentes incógnitos, e o receptor recibe información contraposta, interesada económica, social ou políticamente, inxectada anónimamente a través dos artiluxios dixitais.

Os medios escritos teñen liberdade de empresa, só limitada polos elevados investimentos precisos; radios e televisións precisan investimentos e concesións gubernativas que supoñen condicionamentos importantes. A Rede non require grandes investimentos para informar, nin ten os controis ca os medios tradicionais.

Medios tradicionais e medios en internet teñen plena credibilidade informativa, pero o difícil é distinguilos dos kamikaces que perxudican á rede, combatentes en guerra que bombardean ese campo de batalla para desinformar e desestabilizar.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com