O GMPP pide unha Comisión que aporte luz sobre o caso Garañón

O Grupo Municipal do Partido Popular reclamará no vindeiro pleno, “ante a posible responsabilidade patrimonial que se poida derivar cara ao Concello no caso do Garañón, a creación dunha Comisión para garantir a defensa dos intereses dos lucenses”, segundo explicou o seu voceiro municipal, Jaime Castiñeira.

O voceiro popular suxire que no marco desta Comisión o Concello estude as consecuencias de personarse no caso do Garañón “co obxectivo que garantir que os veciños non paguen nada por unha decisión política do goberno socialista. Jaime Castiñeira ve “necesaria” a creación desta Comisión ante “o máis que probable conflito de intereses entre os concelleiros do actual goberno, tendo en conta que varios deles apoiaron cos seus votos este proxecto”.

O popular insiste en que “dende o primeiro momento dixemos que se se produce algunha condena, quen teñen que asumila son os socialistas, que avalaron o convenio cos seus votos, pero non todos os lucenses”, concluíu.

Pola súa banda, dende o goberno local do PSOE, Daniel Piñeiro afirmou que esta proposta dos populares parécelle “atemporánea e interesada. O PP quere dar a imaxe de que está traballando, pero está fóra de lugar. A cuestión está nos tribunais, e nós estamos esperando un pronunciamento do TSXG, e debemos respectar os tempos. Lembar que foi o PP o que aprobou o PXOM anterior, no ano 90”, concluíu o socialista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com