Ameijide: acusa a Tomé “dun pelotazo inmobiliario para dar 700.000 euros a unha Fundación vinculada a un cargo do PSOE”

O voceiro do PP na Deputación de Lugo ve neste caso “un exemplo de rapidez na tramitación administrativa cando lle convén ao PSOE, xa que pouco despois de que o presidente da CHMS tomara o control da Fundación, a poucas semanas dunhas eleccións autonómicas, bastaron unha memoria de 2 cariñas e 15 parágrafos para tentar xustificar esta operación”, toda vez que a memoria recolle que o Concello non conta cos recursos suficientes”.

A solicitude de convenio foi formalizada polo Concello de Cervantes “o 20 de novembro e foi aprobado e firmado o 29 de decembro, o mesmo día no que se solicita unha prórroga: todo ás présas e correndo unhas semanas antes das eleccións autonómicas”

As distintas taxacións son “un auténtico despropósito: a Fundación aporta unha na que recolle un elevado valor ao inmoble e a Deputación encarga outra da que descoñecemos a primeira versión e na segunda recoñece que non se prevé unha revalorización do inmoble nun futuro próximo e que a demanda deste tipo de inmobles é nula”

O popular considera que “o goberno provincial ten que aclarar porque se anulou a primeira taxación encargada á mesma empresa xa que cre que igual non permitía a comisión que pretendía darlle e, como se recoñece na segunda taxación realizada,os responsables da mesma non accederon ao interior do castelo”

“As taxacións recoñecen que o estado é mellorable; pero, aínda por riba, as únicas melloras que sufriu nos últimos anos foron financiadas xa con fondos públicos da Deputación de Lugo: pagaron dobremente a comisión a unha Fundación vinculada ao PSOE”, remata Ameijide.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com