A Asociación de Empresarios de O Ceao – As Gándaras (AEPOCAG) que ven de anunciar cambios na súa dirección de cara a fortalecer a súa estrutura e deste xeito, seguir a traballar no fortalecemento do tecido empresarial lucense.
Despois de varios anos baixo a dirección dunha Comisión Xestora, o pasado 15 de decembro, AEPOCAG celebrou unha asemblea electoral de acordo con os seus estatutos, de onde saíu esta novo Consello de Administración que será o encargado de xestionar a asociación empresarial.
Este novo equipo de goberno asume a responsabilidade de liderar a asociación cara “un enfoque máis democrático e representativo, co claro propósito de modernizar e defender os intereses das empresas nos polígonos de O Ceao e As Gándaras”.
Neste nova andaina, AEPOCAG propúxose levar a cabo unha serie de reunións cos partidos políticos do Concello de Lugo, co obxecto de facerlles chegar a situación actual e as necesidades da asociación e de cadanseu polígono empresarial.
Logo de pórse en contacto cos diferentes partidos do concello, o primeiro en responder, foi o PP, polo que, onte mércores, produciuse a primeira reunión. A segunda das previstas será co BNG e celebrarase o vindeiro luns 15 de xaneiro.