Lugo maniféstase este sábado 20 de xaneiro polo fin de comercio de armas con Israel

A Plataforma Lugo por Palestina, convoca  para mañá sábado 20 de xaneiro ás 12 do mediodía na Praza Maior, unha manifestación en contra do comercio de armas con Israel. Deste xeito, Lugo súmase aos máis de “85 municipios no Estado Español esixindo o fin do comercio de armas con Israel e polo fin do xenocidio en Palestina, seguindo o chamamento da RESCOP (Red Solidaria contra la Ocupación de Palestina)”.

España compra moitas máis armas a Israel das que vende

Só nos últimos meses o Estado español comprou a Israel lanzacohetes, mísiles e outro material militar por valor 865 millóns de euros. Por iso, e “en resposta á chamada Palestina de poñerlle freo, máis de 375 organizacións de todo o Estado Español lanzaron unha petición para esixir ao goberno que lle poña fin ao comercio de armas con Israel”.

“Comprarlle armas ou tecnoloxía de seguridade a Israel é comprar produtos que están construídos sobre flagrantes vulneracións de dereitos, é comprar inxustiza, discriminación e represión e deberiamos rexeitar a súa compra simplemente por imperativo moral, porque atenta contra a raíz mesma do noso sistema democrático e de dereito”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com