A Xunta presenta en Lugo o programa Lideramos

Un total de 150 mulleres con responsabilidades directivas participan en toda Galicia nesta iniciativa que, no caso de Lugo, conta con 30 participantes.

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron no acto de presentación en Lugo do programa Lideramos, co que a Xunta de Galicia está a promover a formación de mulleres na xestión de equipos co obxecto de afondar na rotura dos teitos de cristal e avanzar na igualdade.

A representante da Igualdade puxo en valor a experiencia das participantes neste proxecto que promove eliminar fendas de xénero e fortalecer a creación de novos perfís profesionais, motivar e crear cadros de persoal diversos.

Vázquez destacou o compromiso de Galicia coa igualdade de xénero e a súa aposta polo liderado feminino. Programas como “Lideramos” favorecen a interrelación entre as participantes, mellorando as capacidades destas mulleres, indicou.

A iniciativa incorpora accións para o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal mediante sesións de coaching individualizadas co obxectivo de brindar ás participantes ferramentas para coñecer as forzas motivadoras dos equipos.

A xornada que hoxe se  celebrou en Lugo -Ferramentas prácticas para o liderado  feminino, a mellora profesional e a xestión de equipos- enmárcase no programa de actividades do programa “Lideramos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com