O PP denuncia que o Concello de Lugo “renunciou a presentarse en 2023 á unha axuda de fondos europeos de  2M€ para modernizar o comercio”

Segundo ven de denunciar o PP de Lugo, “o concello de Lugo renunciou a presentarse en 2023 á unha convocatoria de axudas para modernización a transformación dixital do comercio local que poderían supoñer unha inxección de fondos de 2M€ que beneficiarían de forma directa aos seus titulares”.

Os populares apuntan que “nas convocatorias de 2022 e 2021 o concello de Lugo si presentou proxectos, pero foron desestimados polo Ministerio, porque o seu contido non permitiu alcanzar a puntuación mínima”. Asemade, acusan ao goberno local “de desinterese e de falta de apoio a un sector que vive momentos difíciles”  e piden á nova alcaldesa que en 2024 non perda esta oportunidade e que se presenten á convocatoria deste ano cun proxecto sólido e ben preparado para evitar que o goberno central o volva a desestimar.

Novo pavillón polideportivo

Con respecto á construción do novo pavillón polideportivo o goberno local puxo de manifesto que “hai orzamento para licitar o proxecto pero tamén recoñeceu que non se iniciarán as obras neste 2024”  o que reafirma que “para o equipo de goberno esta dotación tan necesaria non é unha prioridade para eles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com