Ampla representación do PSdG da provincia de Lugo na convención dos socialistas na Coruña desta fin de semana

Dende onte venres e durante tod esta fin de semana, reúnese no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña o PSOE, co fin de renovar a súa Executiva Federal, ao tempo que actualizan as súas propostas conforme á transformación da sociedade, así como debater e aprobar o programa electoral co que concorrerá José Ramón Gómez Besteiro ás vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Un congreso no que o partido reforza ao seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia, que participará mañá sábado nun foro sobre modernización e reindustrialización xunto á vicepresidenta primeira e vicesecretaria xeral, María Jesús Montero.

Os socialistas poñerán en valor as súas capacidades para sacar adiante ”un modelo que asegure aos galegos e ás galegas a mellor versión do país fronte á proposta esgotada do PP”.

Reivindican un tempo para retomar e actualizar as políticas públicas “que tanto en España como en Europa están a dar resultados e que se puxeron en marcha os gobernos socialistas. Un modelo que permita cohesionar o territorio, reindustrializar Galicia dentro dos parámetros da transición ecolóxica, afianzar os servizos públicos e avanzar cara unha redefinición da identidade galega”.

O congreso foi inaugurado esta onte pola presidenta dos socialdemócratas europeos, Iratxe García; o Secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán; a Alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e o exPresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, que interveu no primeiro foro de debate “Democracias máis fortes”, e foi presentado pola eurodeputada Eider Gardizabal.

Uns actos tras os que se celebran durante toda a fin de semana comisións para o debate en torno aos eidos que identifican a acción socialista, como a Igualdade ou a Transición Ecolóxica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com